Sanxenxo licitará a explotación dos servizos de tempada en 6 praias por 4 anos
Por Redacción
A Xunta de Goberno Local deu o visto bo esta mañá á proposta da Alcaldía encamiñada a iniciar o expediente de contratación por un período de catro anos da explotación dos servizos de tempada en seis praias do municipio, un proceso necesario tendo en conta que xa expirou a anterior adxudicación.
O pliego de cláusulas administrativas particulares e prescripcións técnicas aprobado hoxe contempla, pois, as dotacións relativas aos areais de Montalvo, Areas, Nanín, Paxariñas, Major e A Lanzada, que suman sete casetas, catro delas con terraza, 140 tumbonas e sombrillas, 23 hidropedais e 13 piraugas.
- Areas incluirá o emprazamento dun quiosco de 20 m2 con terraza de 30 m2, ademais de 5 hidropedais e 50 tumbonas e sombrillas, que sairán a licitación por un prezo anual que ascende a 13.189 euros.
- En Paxariñas os servizos constarán dun quiosco de 12 m2 cunha terraza de 20 m2, 5 hidropedais, 25 tumbonas e sombrillas e 5 piraugas, por unha cuantía de 3.956,7 euros.
- Pola súa banda, na praia de Montalvo a cota será de 19.783,5 euros por dous quioscos de 20 m2 cunha terraza de 30 m2, 50 tumbonas e sombrillas, 5 hidropedais;
- Mentres que a concesión por un quiosco en Major de 20 m2 con terraza de 30 m2, ademais de 15 tumbonas e sombrillas e tres hidropedais custará 3.956,7 euros.
- Explotar un quiosco de 7 m2 en Nanín conllevará un canon de 791,34 euros.
- Os adxudicatarios da caseta de 14,40 m2 relacionada coa actividade de surf que se poderá instalar na Lanzada aboarán 1.210 euros.
Independientemente do prezo do contrato resultante da licitación, os adxudicatarios deberán pagar anualmente o canon e a fianza que fixe o Servizo Provincial de Costas de Pontevedra cando autorice as instalacións de tempada das praias do Concello de Sanxenxo.
Os interesados en concorrer a este proceso terán de prazo 15 días naturais a contar a partir do día seguinte da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, o Diario Oficial de Galicia e o Perfil do Contratante para presentar a documentación esixida no Rexistro Xeneral do Concello ou por correo.