Sanxenxo solicita a Costas autorización para instalar 333 tumbonas
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo remitiu á Dirección Xeral de Costas o plan de ocupación con servizos de tempada nos arenales do municipio para o próximo verán. A proposta, referendada previamente pola Xunta de Goberno Local reúne as necesidades en canto a prestacións que se suscitan para a campaña estival de cara á obtención das perceptivas autorizacións.
A Administración local pretende, pois, distribuír en once praias un total de 15 quioscos, unha caseta, 63 hidropedais, 333 tumbonas e sombrillas e 32 piraugas.
A solicitude cursada ao Servizo Provincial de Costas non se limita exclusivamente ás prestacións nos arenais ou a súa contorna, senón que abarcar outras ocupacións que, pola súa localización, están afectadas polos deslindes marítimo-terrestres. Así, a proposición municipal inclúe tamén a remisión de autorización para unha terraza de 30 metros cadrados na rúa Progreso de Sanxenxo ou o anexo, de 32 m2, do quiosco situado no Parque de O Espiñeiro, en Portonovo, no que se atopan os servizos públicos.
A Administración local tamén requiriu permiso para unha caseta para surf de 14,40 m2 a instalar na zona da Lanzada.
ADXUDICACIÿNS
Recordar ademáis que o Concello de Sanxenxo finalizará a próxima semana o proceso convocado para a explotación dos servizos de tempada nas praias de Areas, Montalvo, Paxariñas, A Lanzada, Major e Nanín, coa adjudicación destas concesións que terán unha duración de catro anos.
Á súa vez, o martes concluirá o prazo de presentación de ofertas para o concurso que rexe o outorgamento da concesión administrativa demanial para a instalación e explotación dun quiosco de tempada con terraza no Parque de Punta Vicaño. A xestión desta infraestructura estenderase ao longo de catro exercicios e conllevará un canon mínimo de 3.000 euros anuais.
Os interesados en concorrer a este procedemento deberán entregar a documentación requirida no Rexistro Xeneral en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres e de 9.00 a 13.00 horas os sábados.