Un condutor ebrio perde o control do seu coche e impacta contra un muro
Por Redacción
A Policía Local de Pontevedra informou dun accidente de tráfico que tivo lugar este domingo, ás 8:15 horas, na rúa da Seca.
O sinistro consistiu nunha saída de vía.
O vehículo no que viaxaban catro mozos golpeou contra o muro de peche dunha casa, envorcando a consecuencia do forte impacto.
Os mozos viñan de pasar a noite de troula polo Grove e decidiran almorzar unha hamburguesa no McDonalds da Avenida de Lugo.
Desde a xefatura local han sinalado que o condutor deu positivo na proba de alcoholemia practicada, concretamente 0,61 miligramos por litro de aire expirado.
A taxa máxima de alcol xeral que determina a concorrencia dun ilícito administrativo é de 0,50 gr/l de alcol en sangue ou 0,25 mg/l en aire expirado. Para que sexa delito, o código penal fixa o límite máximo en aire expirado na taxa superior a 1,2 gr/l de alcol en sangue, ou 0,60 mg/l en aire expirado.
Instruíronse dilixencias por un presunto delito contra a seguridade do tráfico.