Marín habitúase á peatonalización
Por Redacción
Unha vez rematadas as obras correspondentes ao plan Arela, coa consiguiente peonalización de varias rúas do centro de Marín, a Policía Local está levando a cabo unha campaña informativa coa intención de concienciar aos condutores da "non utilización" das rúas peonís, salvo polos vehículos autorizados.
Coa intención tanto de protexer aos peóns, coma de coidar os elementos decorativos e o mobiliario urbano, quérese sensibilizar aos condutores do cumprimento dos sinais, xa que se detectou tanto trafico rodado como coches aparcados nestas zonas.
Unha vez acabada a campaña de sensibilización e información, a policía local procederá a denunciar a todo vehículo que infrinxa as normas establecidas.