A Lama aforrará 10.502 horas ao ano de gasto eléctrico coa mellora do seu alumeado
Por Redacción
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o concello da Lama para comprobar as obras realizadas ao amparo do Fondo de Compensación Ambiental, e que permitiron executar un proxecto de mellora da eficiencia enerxética nos lugares de Os Carreiros e A Porteliña, ademais de adquirir un vehículo de sete prazas para o Servizo de Conservación e Mantemento Ambiental do municipio.
Cores Tourís lembrou que o fondo procede do canon eólico e leva xa cinco anos beneficiando aos concellos galegos con explotacións eólicas a través de pequenas obras, pero moi necesarias para acceder a servizos que antes non existían.
O aforro enerxético anual para A Lama será de 10.502 horas ao ano, substituíndose en total 59 lámpadas en ambos os lugares do concello.
Por outra banda, aproveitando estas mesmas axudas e co mesmo fin, o concello tamén levou a cabo a substitución da iluminación convencional á tecnoloxía led no pavillón polideportivo do municipio.