Aforro enerxético no pavillón da Lama
Por Redacción
O Concello da Lama substituíu nos últimos días as luminarias do pavillón municipal de deportes para instalar outras tipo 'led'.
Con esta medida búscase un maior aforro enerxético á vez que se mellora a luminosidade no recinto deportivo.
Os traballos realizáronse cos fondos do canon eólico que recibe o Concello.
Segundo os técnicos, o aforro de consumo situarase en torno ao 70% do que ata agora supoñía para as arcas municipais.
As melloras no alumado público chegaron tamén a Antas-Porteliña coa sustitución das vellas luminarias por outras máis eficientes.