Perfecto Rodríguez, de Ponte Caldelas ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Por Redacción
Perfecto Rodríguez, ex alcalde de Ponte Caldelas, xa ten novo destino na súa vida pública. Despois de perder a alcaldía da vila o pasado mes de maio, porá rumbo á Xunta de Galicia.
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, avanzou este xoves que proporá o nomeamento de Perfecto Rodríguez como xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Con esta decisión, o novo conselleiro completa o organigrama do departamento que dirixe desde a recente remodelación do goberno que fixo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Perfecto Rodríguez, licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi alcalde de Ponte Caldelas entre os anos 2003 e 2015, concello do que foi edil desde 1995.
Ademais, desempeñou o cargo de vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra (2003-2005) e actuou como vicepresidente primeiro da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) desde 2007 ata 2011, para ser despois membro da súa comisión executiva, precisamente con Rey Varela como presidente.
Relacionadas:
-
O punto limpo da Reigosa será gratuíto e para uso exclusivo dos veciños de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Tres edís abandonan xunto a Perfecto Rodríguez o grupo municipal do PP en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Perfecto Rodríguez perde a maioría: "Es una decepción y una sorpresa muy inesperada"
Por Redacción |
-
Eleccións 24M: Perfecto Rodríguez perde a maioría absoluta en Ponte Caldelas
Por Redacción |