Magosto e churrascada polo Samaín da Insua
Por Redacción
A parroquia da Insua, en Ponte Caldelas, sumouse ás celebracións do Samaín cun churrasco e un magosto que estivo amenizado pola actuación musical de varios grupos folclóricos do municipio. Asistiron o alcalde, Andrés Díaz, e o tenente de alcalde, Enrique Vidal.
A festa celebrouse na casa do pobo da Insua nun ambiente de cordialidade e un clima de unión veciñal. Os asistentes puideron degustar churrasco preparado por membros da asociación de veciños e das tradicionais castañas asadas ao modo dos magostos que se celebran en Ponte Caldelas.
O rexedor felicitou aos veciños de A Insua polo que supón manter vivas as tradicións ao tempo que atopan unha escusa para manter activos os vencellos que unen a esta parroquia pontecaldelá con actividades que dinamizan socialmente a zona e dean uso á Casa do Pobo.