Que lle pasou á balanza do 'Fiel Contraste'?
Por Natalia Puga
A escultura de bronce do 'Fiel Contraste' sufriu danos nun dos seus elementos máis significativos: a balanza. De momento descoñécese que lle pasou, mesmo puido ser vítima dun acto vandálico, e o resultado é é que na mañá deste luns a coñecida escultura situada na rúa Alhóndiga, detrás do antigo Consistorio, amenceu sen parte desa peza.
Fontes municipais confirmaron que que se están a realizar pesquisas para averiguar que sucedeu. A estatua, obra do artista Ramón Conde, foi obxecto de varios actos vandálicos desde a súa instalación no ano 2010. En todos ese episodio o obxecto dos vándalos foi o mesmo: a balanza que lembra á utilizada por un funcionario medieval que no século XVI daba fe dos pesos e medidas nos intercambios comerciais.
A balanza de ferro é un dos principais reclamos desta estatua e resulta habitual que os nenos -e tamén os adultos en ocasións- utilícena para xogar ou colgarse dela. Na figura medieval do 'Fiel Contraste' a balanza tamén era a clave, pois este funcionario situábase ao pé da Muralla e usaba a súa balanza para fixar os prezos que alcanzarían os produtos no mercado da cidade.