Tres feridos nun choque entre dous turismos en Marín
Por Redacción
Tres persoas resultaron feridas este mediodía a causa dun choque entre dous turismos na vía rápida de Marín, na VG4.4 en sentido Pontevedra.
As portas dos vehículos atopábanse atrancadas pero as persoas estaban liberadas e accesibles, polo que se descartou a intervención dos bombeiros, segundo a información facilitada polo servizo de Emerxencias do 112.
Como consecuencia do impacto quedaron algúns restos na vía que obrigaron a mobilizar aos membros do servizo de limpeza e mantemento de estradas da Xunta de Galicia. Ata a zona desprazouse a Garda Civil de Tráfico e Urxencias Médicas.