Despréndese o falso teito dunha vivenda no Campiño de Santa María
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A Ana Isabel García pareceulle coma se toda a casa se lle viñesese enriba cando tentou acender a luz do baño da vivenda na que reside coa súa nai e a súa filla no número 38 da rúa Isabel II, na contorna do campillo de Santa María. Ao redor das 20.20 horas, esta veciña de Pontevedra levaba un descomunal susto ao comprobar que o falso teito da vivenda esborrallábase ao abrir a porta do baño que linda coa casa que o pasado 13 de xuño ardía xunto ao coñecido "Cortello", fronte a un dos laterais da basílica.
A muller alertou á Policía Local e aos Bombeiros que se achegaron ata a zona. Alí comprobaron o estado do inmoble lindeiro e o de Ana Isabel que indicou que a propietaria da casa, a súa nai, leva reclamando a intervención da compañía de seguros desde que se produciu o incendio no outro inmoble sen que atendan ás súas demandas para resolver os problemas derivados daquel suceso.
O estado ruinoso destas instalacións, segundo os primeiros indicios, é o causante de que unha tubaxe provoque que se filtre humidade creando unha bolsa de auga que, este xoves 29, terminou por afectar ao falso teito do baixo da vivenda 38.
Ana Isabel afirmaba que a humidade lle xerara numerosos cortes de luz durante estes últimos meses. Os bombeiros, co xefe do parque municipal, Manuel Torres, revisaron o interior da casa para asegurarse de que non existía perigo de que se derrubase a estrutura e buscar unha solución para as tres mulleres que residen alí.
A propietaria da vivenda sinalaba que levaba todos estes meses reclamando no Concello unha solución ante o perigo que supoñen as ruínas do edificio lindeiro sen obter resposta. Fontes municipais indicaron que esa propiedade pertencía a unha cooperativa que crebou e non se logra localizar a unha persoa que se faga responsable desta casa.
A concelleira de Seguridade Cidadá, Carme da Silva, confirmou que os moradores da vivenda foron realoxados utilizando o sistema habitual que emprega o Concello nestes casos de urxencia e segundo explicou, o Concello faise cargo dos gastos do realoxamento.
Relacionadas:
-
Tres patrullas mobilízanse para desaloxar o antigo Cortello por risco de derruba
Por María José Pita |
-
O incendio da vivenda de Santa María comezou no vestíbulo e deixou inservible o tellado
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A vivenda incendiada en Santa María tiña aberto un expediente urbanístico polo seu estado
Por Redacción |
-
A vivenda incendiada en Santa María presentaba indicios de estar habitada por ocupas
Por Diego Espiño |
-
Os bombeiros evitan que un incendio xunto ao "Cortello" afecte a Santa María
Por Diego Torrado | Creada e actualizada