Os bombeiros evitan que un incendio xunto ao "Cortello" afecte a Santa María
Por Diego Torrado
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Os Bombeiros de Pontevedra traballaron durante toda a madrugada deste domingo na extinción dun incendio orixinado xunto ao mesón O Cortello, situado ao lado da Basílica de Santa María La Mayor.
Segundo informaron os propios Bombeiros, nin a igrexa nin as vivendas lindantes se viron afectadas polas chamas, centrándose estas nunha vivenda unifamiliar de dúas plantas que afectou tamén, aínda que en menor medida, á tapería.
O Centro de Atención de Emerxencias CAE 112 informou do incendio ás 0:51 horas deste domingo, desprazándose ata o lugar de inmediato dúas dotacións de bombeiros e tamén Policía Local.
Nada máis chegar o teito do inmoble cedeu pola forza do lume, que se iniciou segundo os indicios na primeira panta, complicando os labores dos servizos de emerxencia.
O traballo dos bombeiros prolongouse ata as 5:30 horas da mañá, pois unha vez sufocado o incendio procederon á limpeza exterior e interior da fachada para evitar que as chamas poidan reavivarse.
Só se produciron danos materiais, pois o edificio se encontraba baleiro no momento do suceso.
Relacionadas:
-
Tres patrullas mobilízanse para desaloxar o antigo Cortello por risco de derruba
Por María José Pita |
-
Despréndese o falso teito dunha vivenda no Campiño de Santa María
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O incendio da vivenda de Santa María comezou no vestíbulo e deixou inservible o tellado
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A vivenda incendiada en Santa María tiña aberto un expediente urbanístico polo seu estado
Por Redacción |
-
A vivenda incendiada en Santa María presentaba indicios de estar habitada por ocupas
Por Diego Espiño |