Un camión "sementa" de millo a variante de Caldas
Por Redacción
A chamada dun particular puxo ás 15.12 da tarde deste martes aos servizos de Protección Civil de Caldas en alerta polo aviso de perda de parte da carga por parte dun camión de transporte de cereais.
Este transporte dirixíase cara a Santiago desde a Nacional 640 e cando circulaba polo enlace da variante centro, dentro do municipio caldense, por causas descoñecidas o camión perdeu parte da súa carga de millo no desprazamento da curva.
Non houbo que lamentar maiores inconvenientes nin feridos.
A consecuencia da perda da carga foi necesario acometer labores de limpeza en ambos os carrís, uns labores que duraron algo máis dunha hora.
Durante este tempo efectivos da Garda Civil de Tráfico estableceron o dispositivo de seguridade e deron paso alternativo á circulación sen que en ningún momento se rexistrasen retencións no lugar.
Pola súa banda os efectivos de Protección Civil de Caldas e o Ges de Valga limparon a calzada, onde tamén participaron os medios de conservación de estradas.
O Centro de Atención de Emerxencias 112 rexistro varias chamadas de particulares por este motivo.