Entrar e marchar
Por Redacción
Dous mozos pontevedreses, de 18 anos de idade, foron detidos este xoves 22, como presuntos autores dun roubo con forza cometido nesta capital.
O feito delituoso produciuse o 7 de agosto. Os dispositivos de alarma dun establecemento de hostalería da praza de Gremio de Mareantes saltaban e sobre as catro e vinte da madrugada era requirida a Policía Nacional pola central de alarmas.
Axentes da Comisaría Provincial acudiron ao lugar e comprobaron que non había ninguén no establecemento, pero que se accedera ao mesmo por unha pequena xanela. Segundo a denuncia presentada polo xerente do local, os autores non se levaron nada do interior.
A investigación iniciada naquel momento concluía coa detención dos dous mozos ao mediodía deste xoves. Un dos detidos conta con antecedentes policiais por feitos similares.