A autovía A-57 é unha cuestión de "justicia social"
Por Oskar Viéitez
A ministra de Fomento, Ana Pastor acudiu este luns a Pontevedra para dar inicio ás obras da autovía A-57, no tramo A Ermida-Vilaboa, unha infraestrutura que segundo dixo é unha cuestión de "justicia social" por ser Pontevedra a "única capital de provincia de toda España que no tiene una circunvalación".
O acto consistiu no descubrimento dun "mojón" de estrada sen quilometraxe co nome da autovía e unha pequena placa na que se lembra a actuación da ministra. A presidenta do Parlamento de Galicia e o alcalde de Pontevedra, entre outras autoridades acompañaron á responsable de Fomento nesta ocasión.
Ana Pastor trasladou a súa satisfacción como política "por cumprir con la palabra dada" e sinalou que Pontevedra "necesita tener un tráfico fluído" para mellorar a "conectividad, la competitividad de sus empresas y la movilidad de las personas".
Pola súa banda, o alcalde lembrou que o trazado máis exterior que hoxe se empeza a executar "evita tocar núcleos urbanos e ten como beneficio que nos achega ao polígono industrial do Campiño", e engadiu "non creo que haxa outra alternativa".
A titular de Fomento tamén enmarcou a importancia desta obra xunto a outras infraestruturas "que habían sido largamente reclamadas pero que no habían sido ni licitadas ni adjudicadas, ni construidas ni pagadas", e citou o desdobramento da Avenida de Vigo (a recentemente inaugurada Avenida Josefina Arruti), e o Nó do Pino.
A ministra non quixo deixar escapar a ocasión para lembrar que Pontevedra viu igualmente mellorada as súas infraestruturas "con el tren del siglo XXI" do que segundo dixo millón e medio de pasaxeiros fixeron uso desde a súa posta en marcha o pasado 18 de abril.
Finalmente Ana Pastor lembrou que a A-57 é unha autovía "necesaria" e que xerará "retorno económico".
SALVEMOS A FRACHA
Durante este acto de inauguración, desenvolvido no lugar de Pintos, na parroquia pontevedresa de Marcón, un grupo de representantes da plataforma Salvemos A Fracha visibilizou a súa protesta contra esta infraestrutura e lembrou á ministra que lle solicitaron unha reunión para expoñerlle a súa postura sen obter resposta algunha.
Respecto das súas reclamacións Ana Pastor sinalou que a todos estes afectados "hay que escucharlos como se viene haciendo hasta ahora y todas las mejoras que pidan los vecinos se van a hacer", concluíu.
O investimento previsto no tramo é de 74,3 millóns de euros, dos cales 59,5 millóns de euros corresponden ás obras, 11,5 millóns de euros ao importe estimado das expropiacións e 3,3 millóns de euros ás asistencias técnicas. Serán, segundo Fomento, os primeiros 6,5 quilómetros da nova autovía de circunvalación de Pontevedra (A-57), que terá un total de 21 quilómetros e cuxo trazado enlazará Curro con Vilaboa.
Relacionadas:
-
As obras da A-57 engalánanse para recibir a Rajoy e Lores
Por Redacción |
-
A ministra de Fomento lembra a Salvemos A Fracha que "yo estaré siempre atendiendo a los vecinos y sus demandas"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Audiencia Nacional desestima a suspensión preliminar das obras da A-57 na Fracha
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Un cento de persoas secunda a última ruta pola "Fracha tal e como a coñecemos"
Por Redacción |
-
As "tarefas pendentes" de Ana Pastor
Por Oskar Viéitez |
-
'Salvemos a Fracha' leva a súa oposición á "falsa circunvalación" á zona das obras da A-57
Por Redacción & Diego Torrado |
-
'Salvemos a Fracha' denuncia ante a Audiencia Nacional o inicio das obras da autovía A-57
Por Redacción |
-
Fomento non esperará polo fallo da Audiencia Nacional e reitera que a A-57 "se podrá iniciar este mes de octubre"
Por Diego Espiño |