Dous bebés mellizos, os primeiros en inscribirse no Rexistro Civil do Hospital Provincial
Por Redacción
Izan e Thiago Ignacio son os mellizos que solicitaron por primeira vez a súa inscrición no Rexistro Civil desde o Hospital Provincial de Pontevedra, o primeiro centro sanitario de Galicia no que se pon en marcha esta iniciativa que tamén se desenvolve noutros 23 hospitais españois dende este xoves 15. A proposta evita que os pais teñan que desprazarse as oficinas do rexistro civil e poidan realizar os trámites de inscrición desde o Hospital.
Francisco Bernárdez, un mozo de Ponte Caldelas, foi o primeiro en apuntar os seus bebés, Izan e Thiago Ignacio, no Provincial. Nas últimas horas, a súa parella, Yoiza, daba a luz, no seu primeiro parto, aos mellizos. E el só tivo que achegarse ata a oficina habilitada en atención ao paciente na zona de asuntos sociais do Hospital para que se dese de alta aos bebés a través do sistema telemático. Afirmou que ao ser o primeiro, as funcionarias atopáronse con algunhas dificultades para levar a cabo o proceso pero insistiu en que todo resultara moi sinxelo.
O director de Procesos asistenciais do Complexo Hospitalario, José Antonio Ortigueira, indicou que se trata dun proxecto pioneiro no que por primeira vez coordínanse administracións de Sanidade e do ministerio de Xustiza. Esa combinación dificulta o proceso porque é necesaria a coordinación coa oficina do padrón. Ao longo dos próximos días, sinalou, tamén entrará en marcha o rexistro no Hospital do Salnés para, de maneira graduada, entrar en vigor en todos os centros hospitalarios galegos, tanto públicos como privados.
Desde os centros sanitarios levará a cabo un proceso de comunicación a través de charlas informativas e formativas para aquelas persoas interesadas porten a documentación durante as clases de preparación para o parto. Ademais dos papeis que se lles facilita desde o centro hospitalario tras o parto é necesario un certificado de matrimonio e o libro de familia, segundo indicou José Antonio Ortigueira.
Os casos que ven exentos son aqueles nos que a paternidade non estea confirmada ou se trate dun caso de tutela xudicial, non nacese o bebé no Hospital, transcorresen máis de 72 horas desde o seu nacemento ou os pais sexan estranxeiros. O director de Procesos Asistenciais asegurou que estes casos son excepcionais e non chegan ao 5%.
Iso si, este adianto leva que haxa menos días de prazo para elixir o nome do recentemente nado, bromeou Ortigueira.