Un grovense completa en bicicleta de piñón fixo a ruta dende París ata a Festa do Marisco
Por Redacción
O veciño do Grove, Ricardo Sánchez, completou con éxito os preto de 1.600 quilómetros que separan París da Festa do Marisco que se celebra na súa localidade natal. Todo iso sobre unha bici a piñón fixo.
Cardy, que é como coñecen na vila meca a este xoieiro de profesión, xuntou a súa fe relixiosa coa devoción polo marisco.
Na súa paxina do facebook "Bici piñón fixo" foi colgando fotos do Camiño de Santiago, comentando a súa experiencia.
Ricardo completou este mércores o seu percorrido ata O Grove sendo recibido á súa chegada por representantes do goberno local.