O colexio lamense traballará nun proxecto sobre a conservación e o respecto pola natureza
Por Redacción
Este mércores cunha festa con manualidades a comunidade educativa do colexio lamense deu inicio ao Proxecto Documental Integrado, "Protexe a vida. Coida os nosos ecosistemas".
O director do centro educativo, Rafael Sánchez-Agustino informou que este ano o proxecto escollido polo colexio viraría ao redor da protección dos ecosistemas e a vida de animais e plantas.
Os nenos e profesores, xunto con algúns pais, participaron dunha xornada matinal, acompañada polo bo tempo, na que realizaron manualidades utilizando as castañas e as landras como elementos fundamentais e cantaron cancións infantís ao son dunha guitarra que tocaba o propio director do colexio.
Segundo Rafael Sánchez-Agustino, a intención desta actividade é favorecer a aprendizaxe entre o alumnado dunha forma lúdica e divertida e que teña como nexo de unión os valores ecolóxicos e de respecto ao medio ambiente tan importantes para o futuro da contorna natural da Lama e do mundo.