A Xunta amplía o ARI ao Casco Vello e ao barrio da Banda do Río
Por Redacción
O concelleiro de Urbanismo e Facenda de Marín, Manuel Santos Costa, informou que os residentes do Casco Vello e o barrio marinense da Banda do Río Lameira xa poderán beneficiarse de axúdalas da área de rehabilitación integral (ARI).
Tras a notificación recibida por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas os veciños de Banda do Río poden optar ás axudas do plan estatal 2013-2016 do mesmo xeito que os residentes en Augusto Miranda, rúa da Ponte, A Estrada e a avenida de Ourense.
O investimento total previsto para esta segunda fase do ARI en Marín é de 955.180 euros, dos que un 35% correrán a cargo do Ministerio de Fomento, un 8,54% polo Concello de Marín, outro 12,56 % por outras administracións públicas e un 43,89% polos propietarios de edificios e vivendas.
No Pleno do día 12 de agosto de 2015 a proposta saíu aprobada por unanimidade de todos os grupos municipais.
Relacionadas:
-
Novo paso para a rehabilitación do Casco Vello e o barrio da Banda do Río
Por Oskar Viéitez |
-
Quedan só dúas semanas de prazo para solicitar as axudas na ARI de Marín
Por Redacción |
-
Ana Pastor asina os convenios para a rexeneración de varias áreas urbanas
Por Redacción |
-
O barrio da Banda do Río Lameira incorpórase ao ARI de Marín
Por Redacción |