Louro alerta: "2013 será un mal ano para o sector inmobiliario"
Por Redacción
En 2012 deuse licenza dende a concellaría de Urbanismo a 105 viviendas máis que en 2011. Un total de 233 novas vivendas que en comparación co ano anterior ofrecen un bo rexistro pero que quedan moi lonxe das máis de 1000 que se tramitaban hai a penas cinco anos.
Así o manifestaba o concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, tras a comisión desta mañá e anunciou que as previsións para o presente ano son malas ante a situación precaria que se vive en España. Neste sentido, Louro apuntou que "a economía segue a asfixiar e é imposible que o sector se recupere". E engadiu que "o incremento do IVE que pasou do 4 ao 10% vai actuar como freo co cambio do ano".
Desta forma, o concelleiro sinalou que "ante a falta de incentivos para a construción de vivenda de obra nova vai axudar a activar o mercado de segunda man que seguirá a dominar o escenario".
Antón Louro agarda que o goberno do Estado e a Xunta decidan abordar medidas de impulso para reactivar a economía e o sector inmobiliario.
Pola súa parte, o concelleiro Ricardo Aguilar do Partido Popular sobre as previsións para 2013 para novas licencias indicou que "las impresiones son muy malas. Yo mismo al término de la comisión de Urbanismo dije 'qué triste. No hay nada'". E matizou que "yo comprendo que un Ayuntamiento no lo pueda resolver pero nosotros hicimos propuestas de acciones para animar lo poco que hay. No nos hicieron mucho caso, por no decir ninguno".