As farmacias pontevedresas xa venden a vacina contra a meninxite B
Por Redacción
Oito meses despois do inicio da campaña sobre a meninxite B posta en marcha polos colexios farmacéuticos, as farmacias pontevedreses poden vender a vacina para esta enfermidade.
Dende este xoves 1 de outubro as boticas da cidade dispoñen das vacinas a un prezo de 106,5 euros por dose.
A dispensación da vacina era unha reivindicación defendida por diferentes colectivos sanitarios e cidadáns ao estar clasificada polo Ministerio, ata este mes, como de uso exclusivamente hospitalario.
Segundo datos da Consellería de Sanidade, a prevalencia da meninxite B en Galicia é de 0,6 casos por cada 100.000 habitantes, aínda que a porcentaxe aumenta ata os 7,3 casos en nenos menores de cinco anos.
Pese á súa disponibilidade o Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra incide en que é o médico o que debe indicar en cada caso a conveniencia da vacinación.
Relacionadas:
-
En verde para dar luz sobre a meninxite
Por Redacción |
-
Preocupación polos problemas de abastecemento da vacina da meninxite B
Por Redacción |
-
A vacina contra a meninxite B, á venda nas farmacias pontevedresas desde outubro
Por Redacción |
-
A venda da vacina da meninxite en España rematará coa peregrinación de familias galegas a Portugal
Por Elsa Juliá Sánchez & Mónica Patxot |