Pontevédrate, chega ao Concello a "comunicación 4.0"
Por Diego Espiño
O Concello de Pontevedra actualiza a relación cos seus veciños co proxecto Pontevédrate.
Trátase dunha iniciativa para "facer promoción das actividades que se realizan no Concello", e para iso usaranse as redes sociais, segundo explicou o concelleiro Alberte Oubiña.
"É o momento da comunicación 4.0", comentou Oubiña, "unha nova forma de comunicar que non chega para substituír o que había senón para complementar".
Desta forma, a través de novas contas habilitadas en Facebook, Twitter e Instagram, nas que se publicarán avisos, as actividades promovidas polo Concello ou se responderán ás dúbidas dos veciños.
"Serán lugares para enlazar comentarios, opinóns ou suxerencias" sinalou o concelleiro pontevedrés.
Todas as comunicacións incluirán ademais o hastag #ponte para agrupar as mensaxes nas diferentes redes sociais.