Tres semanas de "corralito" na Peregrina
Por Redacción
No centro da Praza da Peregrina instalouse un "corralito", un recinto valado que acouta o espazo público para garantir a seguridade mentres se acometen uns traballos de mantemento.
Espérase que estes traballos se prolonguen durante tres semanas, con todo esta previsión está condicionada ao desenvolvemento dos pertinentes controles arqueolóxicos.
A muralla medieval está moi próxima a este enclave coa Porta de Trabancas a moi pouca distancia do tallo de obra.
O motivo desta actuación é corrixir unha serie de deficiendias detectadas nas conducións subterráneas das augas, xa que se están producindo filtracións desde a rede que están a afectar a baixos e garaxes dos edificios lindeiros.
O proxecto contempla a separación das augas fecais e pluviais.