Pontevedra segue a usar os trens de 'Cuéntame'
Por Oskar Viéitez
O Sindicato Federal Ferroviario denunciou que Renfe emprega trens cunha antigüidade de 30 anos para cubrir o traxecto entre Vigo y Madrid na parte do percorrido que pasa por Galicia.
O tren Intercity que RENFE puxo este verán en funcionamento entre Vigo e Madrid e que tarda 10 horas e 25 minutos en chegar a capital española, está a ser feito con unha unidade eléctrica da serie 470 con unha antigüidade de 30 anos, que en moitas ocasións non funciona correctamente a calefacción, que carece de asentos reclinables, non leva enchufes, non anuncia as paradas, etc. en substitución da nova unidade eléctrica 449 que cando se inaugurou o servizo se puxo en funcionamento nesta relación Vigo-Madrid-Vigo.
Durante o Nadal, que moitos viaxeiros galegos residentes en Valladolid, Ávila, Palencia e mesmo Madrid utilizaron este servizo, se viron na obriga de baixar en León e mudar de tren, para outro moito mas vello, coas molestias que iso leva consigo para xente maior e viaxeiros cargados de equipaxes.