Néboa de advención, o fenómeno meteorolóxico que marcou a fin de semana
Por Redacción
Deixamos atrás unha fin de semana de aspecto londiniense por culpa dun fenómeno meteorolóxico chamado "néboa de advención".
Segundo os expertos esta néboa fórmase cando o vento procede do sur-sueste e a auga do mar está fría. Cando este aire cálido entra en contacto coa superficie do mar se evapora formando esta condensación.
A previsión de Meteogalicia para o comezo da semana é que entre o anticiclón e o sol previsto disipen as brumas e quede o ceo despexado.
O "veraniño de San Miguel" quedará ata o mércores. Logo baixarán as temperaturas, aínda que non de forma drástica.