Fomento recolle a experiencia de Pontevedra nunha publicación do premio ONU-Habitat
Por Redacción
O Concello de Pontevedra acaba de recibir a última publicación do Ministerio de Fomento co resultado do 10º Concurso de Nacións Unidas sobre Boas Prácticas para mellorar as condicións de vida. Dubai 2014 no que se recolle a experiencia de Pontevedra, a única premiada neste concurso.
A publicación está recollida na páxina web do Ministerio, aínda que non se pode descargar xa que só se pode mercar por un prezo de 9,99 euros.
Nesta publicación recóllese a experiencia de Pontevedra baixo o título "Pontevedra: un modelo de ciudad centrado en las personas" acompañado de textos e fotografías da cidade actual e da cidade de antes de 1999 e explicando a súa evolución.
Na publicación explícase que o premio ONU-Habital está promovido por Nacións Unidas, a traverso do seu programa Hábitat e está financiado pola municipalidade de Dubai (Emiratos Árabes Unidos). A súa convocatoria remóntase a 1998 e forman parte da segunda Conferencia de Nacións Unidas sobre Asentamentos Humanos, máis coñecida como Hábital II.
A súa convocatoria é bienal e ten como obxectivo "identificar actuacións a nivel mundial, que estean contribuíndo á mellora das condicións de vida nas cidades e nos pobos, dunha forma efectiva e demostrable".
Na presente edición dos premios, España participou cun total de 62 actuacións "das cales 32 foron recoñecidas como Boas Prácticas (Good Practices), 17 resultaron incluídas no paquete das cen mellores a nivel mundial (Best Practices) e destas, 7 chegaron á exclusiva lista de corenta finalistas (Short list). Dous destas últimas puxeron ademais o broche de ouro ao obter 2 dos 11 premios internacionais (Award) que outorga o concurso correspondente a esta décima edición e que son: Un modelo de cidade centrado nas persoas, presentada polo Concello de Pontevedra e Mulleres de Guinea Bissau obteñen do título legal das terras que traballan presentada por APRODEL, (Asociación para a Promoción e o Desenvolvemento Local), a proposta de Fundación Alianza pola Solidariedade, de Madrid.