A Casa do Concello de Pontevedra iluminarase de verde polo Día Nacional da Artrite
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Casa do Concello de Pontevedra, do mesmo xeito que outros edificios e monumentos de diferentes cidades de España, iluminarase de cor verde na noite do próximo 1 de outubro con motivo da celebración do Día Nacional da Artrite.
Esta iniciativa está impulsada pola Coordinadora Nacional de Artrite (ConArtritis) no contexto da campaña 'Outubro, mes da artrite e a espondiloartrite'.
A campaña incluirá diferentes actividades durante o mes de outubro para concienciar sobre a realidade dos pacientes con artrite, con xornadas e mesas informativas.
O obxectivo da campaña é informar e formar á poboación sobre os diferentes tipos de artrites, como a artrite reumatoide, a artrite psoriásica, a artrite idiopática xuvenil e a espondiloartrite, que en total afectan a un millón de persoas en España.