Tres novas marquesiñas para o transporte escolar en Ponte Caldelas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Operarios do Concello de Ponte Caldelas procederon a instalar nestes días tres novas marquesiñas en apoio ao transporte escolar nos lugares de Forzáns, Parada e Cuñas coa intención de dar resposta ás peticións veciñais feitas neste sentido.
Os lugares escollidos foron suxeridos polos propios veciños que se dirixiron ao alcalde, Andrés Díaz, solicitando a colaboración do Concello para solucionar un problema que, ano tras ano, coa chegada das chuvias se viña producindo.
Os traballos foron acometidos con recursos propios do municipio.
Andrés Díaz manifestou o desexo do equipo de goberno de contribuir, na medida do posible, a dar resposta a tódalas peticións veciñais de competencia municipal que se vaian plantexando ao tempo que se terá unha sensibilidade especial a todo o que teña que ver coa atención a medidas que garantan e melloren a asistencia de escolares aos seus respectivos centros educativos.