O San Migheleiro cumpre 25 anos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Dende que no 1990 un grupo de amigos iniciara a festa que hoxe coñecemos como San Migheleiro, ano a ano, súmanse novos locais de copas e bares a esta festa que ten lugar o sábado anterior ao día grande de San Miguel.
O goberno local de Marín xuntouse con eles e pediulles propostas para tratar de aportar axuda económica na actuación da charanga e dun grupo musical dos que se proponen, para conmemorar eses 25 anos ininterrumpidos nos que esta xuntanza de varios amigos desembocou nunha marea de xente movéndose polas rúas.
As peñas protagonizan esta festa ataviadas con camisetas a raias, en distintas cores e con diferentes complementos para facer durante toda a xornada o "Maratón San Migheleiro" polo circuíto formado polos bares e tabernas do centro urbano que despachan nesta celebración miles de litros de cervexa e calimocho.