Protesta ante a Xunta dos pais do CEIP Torre-Illa pola falta de titor para os seus fillos
Por Redacción
O edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra foi escenario esta sábado dunha protesta protagonizada polos pais do CEIP Torre-Illa.
Dende A Illa de Arousa chegaron un grupo de pais cos seus fillos para escenficar a súa protesta e presentar un escrito coas súas demandas no rexistro da delegación territorial da Xunta.
O ANPA quéixase da falta de titor para unha das aulas de primeiro curso de Primaria e o exceso de nenos na outra, xa que se supera o ratio aconsellado con 26 incumpliendo así a lei no reparto de alumnos.
Trátase dunha acción reivindicativa máis destes pais, que non mandaron a clase aos seus fillos no inicio de curso, pese a que o centro organizou os horarios para que outros profesores puidesen atender a clase.
Con todo os pais reclaman a adxudicación do titor para que os seus fillos, do mesmo xeito que ocorre no resto de clases, sexan atendidos polo mesmo docente salvo nas materias específicas.