En dous anos Ence reducirá en máis dun 90% a auga que capta do Lérez e a que verte á ría de Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz
A empresa Ence destinará "entre 20 y 30 millones de euros" a un proxecto denominado 'Novo ciclo da auga' que permitirá á súa fábrica de Lourizán reciclar e reutilizar gran parte da auga que emprega no seu proceso produtivo, segundo explicou o director do Centro de Operacións de Pontevedra, Antonio Casal.
Esta mellora reducirá en máis do un 90% tanto a auga que toma cada día do río Lérez coma o volume do seu efluente á ría.
Antonio Casal destacou que, hoxe en día, "no existen proyectos comparables en funcionamento en el sector industrial español" e enmarcou este investimento nos plans do grupo pasteiro para "continuar avanzando en materia de excelencia ambiental", ao igual que outros plans en marcha como a eliminación de olores ou o proxecto de integración arquitectónica do complexo fabril.
Para levar a cabo esta iniciativa, que empezou a deseñarse en 2014, Ence convocou ás "principales empresas multinacionales del sector de aguas" e xa contan con tres propostas que marcan este obxectivo de reducir a demanda de auga da papeleira ata deixala en 3.900 metros cúbicos ao día, "lo que supone una redución al 90% con respecto a la demanda actual de agua", destacou Antonio Casal.
O director da fábrica pontevedresa presumiu do carácter "pionero" que ten esta iniciativa na industria global da celulosa e sinalou que "nosotros llevamos años aportando hechos que demuestran que Pontevedra puede hacer de su ría un ejemplo de integración de actividades pesqueras, industriales, portuarias, turísticas y deportivas".
"No hay ningún motivo ambiental o político que realmente pueda hacer que Ence Pontevedra deje de producir en el sitio donde está", Antonio Casal
En dous anos este proxecto poderá estar en funcionamento, "no es ninguna respuesta a ninguna ofensiva, ataque o contraataque", sinalou o director de Ence Pontevedra en referencia á mobilización social impulsada polo goberno local.
Antonio Casal insistiu en que cos proxectos que Ence ten para desenvolver van aumentar os postos de traballo de forma significativa" respecto aos 5.000 empregos que xera de xeito directo e indirecto en toda Galicia e engadiu que malia ser este un "argumento importante para mantener la fábrica donde está" hai outra cuestión relevante, ao seu xuízo, como é "la razón medioambiental" onde situou á celulosa pontevedresa como "un referente medioambiental en nuestro sector. Somos de las mejores fábricas del mundo", dixo.
Respecto á continuidade da fábrica na súa localización en Lourizán máis alá do fin da actual concesión no ano 2018, Antonio Casal indicou que este investimento a dous anos vista "significa que somos optimistas y que queremos trabajar y avanzar, y significa que no queremos esperar hasta el último momento para lanzar los proyectos".
Antonio Casal mostrouse convencido que "tenemos la razón" e mostrou igual seguridade en que "no hay ningún motivo ambiental o político que realmente pueda hacer que Ence Pontevedra deje de producir en el sitio donde está".
Relacionadas:
-
A Confederación de empresarios galegos expresa o seu apoio a Ence
Por Redacción |
-
O PSOE presentará unha proposición no pleno reclamando á Xunta e á Deputación unha reubicación para Ence
Por Redacción |
-
Verducido é o único membro da mancomunidade de montes de Pontevedra que ten acordos con Ence
Por Oskar Viéitez |
-
Axitado pleno na Deputación con traballadores de Ence e os deputados populares abandonando a sesión
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O cumio de alcaldes sobre Ence queda descafeinado ante a ausencia de María Ramallo
Por Redacción |