O 94% dos curas da diocese están contentos co seu traballo
Por Oskar Viéitez
Unha enquisa realizada aos sacerdotes da Arquidiocese de Santiago revela que máis dun noventa e catro por cento dos curas se senten "satisfeitos e realizados persoalmente no desempeño do seu labor pastoral".
O bispo auxiliar de Santiago, Jesús Fernández González, foi o encargado de facer públicos estes datos no marco dun encontro que mantivo cos vicarios e arciprestes da Diocese compostelá.
Entre outros aspectos, o prelado tamén apuntou que máis dun setenta e dous por cento dos curas dedican dunha a nove horas de traballo á atención socio-caritativa, e engadiu que unha das principais preocupacións do clero é "a pouca práctica relixiosa dos mozos e as deficiencias que pode presentar a iniciación á fe nos procesos catequéticos".