Álvaro Pino, Marcos Serrano, Gustavo César Veloso e Delio Fernández participarán na marcha-homenaxe a Cristóbal Hermida
Por Redacción
O salón de plenos do Concello de Bueu acolleu a rolda de prensa de presentación da "Marcha ciclista pola seguridade nas estradas en homenaxe a Cristóbal Hermida". Esta marcha reivindicativa, organizada polo Clube Ciclista Bueu e o Concello de Bueu naceu en recordo á figura do que fora presidente do clube ciclista organizador, o cal faleceu o pasado 3 de xaneiro víctima dun atropelo na autovía de Marín mentras entrenaba.
O alcalde de Bueu comezou falando da debilidade dos ciclistas nas estradas e os numerosos accidentes que se están a producir nas últimas datas, razón pola cal xurdiu este evento.
A continuación falou o ciclista profesional Delio Fernández. Delio milita actualmente nas filas do OFM Valonga portugués, e fora ciclista do xa desaparecido Xacobeo Galicia, participando no Giro de Italia e na Volta a España. Mostrábase moi doido pola perda, comentando que lle estaba afectando moito, e que inda que pasaba casi a diario polo lugar do accidente, non foi capaz de volver a pasar por ese punto desde ese día. Dixo que o falecido fora Cristóbal, pero que ben lle pudo tocar a él ou a calquera outro ciclista, e por iso mesmo salientou a importancia do apoio e participación nesta reivindicación por parte do maior número posible de usuarios da bicicleta.
Delio comentou o doído que está o pelotón ciclista galego ante a perda dun persoaxe tan querido e coñecido como era Cristóbal, e que incluso lle chegaron mensaxes de apoio e condolencia de varios puntos de España e Portugal, onde se están organizando marchas similares.
Tamén falou de outros compañeiros profesionais que acudirán ao evento, algúns deles xa retirados da práctica profesional, como son ÿscar Pereiro, gañador do Tour de Francia no 2006, Álvaro Pino, gañador da Volta a España en 1986, Marcos Serrano, gañador da Volta a Galicia en 1999 e dunha etapa do Tour de Francia no 2005 e Gustavo César Veloso, excompañeiro de Delio no Xacobeo, único ciclista galego en correr a pasada Volta a España, nas filas do Andalucía e gañador dunha etapa na Volta a España no ano 2009.
Pablo Ríos, monitor deportivo do Concello de Bueu explicou que a marcha reivindicativa se celebrará o domingo 20 de xaneiro ás 10:00 horas. O punto de partida será a praza do Concello de Bueu, onde se habilitará un control de firmas previo para tódolos participantes, firmas de apoio á solicitude de cambios nas regulamentacións de Lei de Seguridade Viaria actual.
A organización está en contacto con Stop Accidentes Coruña para elaborar as peticións pertinentes, así como para que os asesoren no organismo ao cal destinar estas firmas, que se prevén moi numerosas. Antes da partida, o colectivo de ciclista profesionais que participarán na marcha leerá un comunicado aos participantes.
O percorrido partirá do Concello de Bueu con un tramo urbano polas rúas de Bueu, comezando pola rúa Montero Ríos e saíndo á estrada xeral pola rúa Pazos Fontenla. Unha vez na estrada PO-551, o pelotón circulará cara a Marín, e dende alí ata a rotonda de entrada a Pontevedra pola Autovía Marín-Pontevedra. Na mesma e á altura de Placeres, lugar onde o pasado 3 de xaneiro perdía a vida Cristóbal Hermida nese fatal accidente, se rendirá homenaxe a este home que adicou toda a súa vida ao ciclismo, facendo unha parada na que se gardará un minuto de silencio, lerase un comunicado por parte dos seus compañeiros do Clube Ciclista Bueu e colocarase un ramo de flores.
Dende este punto se retornará a Bueu para totalizar os 35 quilómetros de percorrido da marcha. No punto de chegada, a Federación Galega de Ciclismo porá o peche ao evento.
Para participar na marcha é obrigatorio o uso do casco, así como ter cumpridos os 15 anos, ademáis, lóxicamente, de contar cunha condición física mínima para aguantar a quilometraxe do percorrido.
Relacionadas:
-
Homenaxe ciclista reivindicativa
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez |
-
Xa abonda de atropelos a ciclistas!
Por Redacción |
-
Unha segunda marcha ciclista dende Pontevedra renderá homenaxe a Cristóbal Hermida
Por Diego Espiño |
-
A Mesa social da bici coñece os proxectos de mobilidade ciclista na cidade
Por Redacción |
-
Morre un ciclista atropelado por un camión na entrada do Porto de Marín
Por Redacción |