Tres feridos en dous accidentes de tráfico causados por saídas de vía
Por Redacción
Unha muller de Vilagarcía de Arousa de 26 anos e o acompañante, un home de 40 anos, veciño de Cambados resultaron feridos na tarde deste sábado 5 de setembro cando sufriron un accidente de tráfico na avenida da Coruña en Cambados. Os dous queixábanse de dor cervical e foron trasladados ao hospital do Salnés, segundo informaron fontes de emerxencias.
A condutora indicou que o sol a cegara e iso provocou que o vehículo impactase contra o muro dunha vivenda. Ata o lugar desprazouse unha ambulancia medicalizada e efectivos de Protección Civil de Cambados.
Durante a madrugada, ás 06.00 horas, os bombeiros de Vilagarcía de Arousa tiveron que intervir para excarcerar un home que resultou ferido na rotonda da estrada de Vilagarcía ao impactar o vehículo que conducía contra uns piares da ponte que atravesa a estrada nas proximidades do Hospital do Salnés, segundo informaron os bombeiros do Parque de Vilagarcía. O condutor foi trasladado por unha ambulancia do 061 ao centro hospitalario tras ser liberado con diversas doenzas.