Perdeu un sobre con cartos no ámbito da praza de Galicia?
Por Redacción
Perdeu vostede un sobre con diñeiro? Se a resposta é afirmativa e a perda se produciu no ámbito da praza de Galicia de Pontevedra, debería acudir á Comisaría Provincial da Policía Nacional. Aí estao a esperar.
Unha cidadá anónima localizou o sobre no ámbito desta céntrica praza este luns 24 de agosto e entregouno na Comisaría -sita no número 17 da rúa Joaquín Costa-. Alí segue e a Policía Nacional está a intentar localizar o seu propietario, tarefa para a que piden a colaboración cidadá.
O sobre ten unha cantidade de diñeiro que non será facilitada, de modo que a persoa que acuda á Comisaría a reclamar que é da súa propiedade deberá achegar detalles sobre o mesmo permitan corroborar que que efectivamente é seu e non se trata de aproveitar da situación.
Os cidadáns que acudan á Comisaría deberán acreditar a propiedade do diñeiro por todos os medios que consideren.