A Casa Museo de Colón recibe unha réplica da carta náutica de Juan de la Cosa
Por Redacción
A Casa Museo de Colón, en Portosanto, conta dende este martes cun novo documento para a súa exposición permanente, que desenvolve a tese da orixe galega de Cristóbal Colón.
Nesta ocasión o pergameo entregado o Concello de Poio foi unha réplica da carta náutica de Juan de la Cosa, primeiro documento de navegación que reproduciu o continente americano.
A orixinal, que se encontra no Museo Naval da Armada en Madrid, foi rematada no ano 1.500 no Porto de Santa María, mentres as reproducións existentes foron elaboradas no ano 1.892 polo 400 aniversario do descubrimento de América.
Ademais da Casa Museo de Colón de Poio, outra réplica entregouse ao Museo de Córdoba (Arxentina) aproveitando a presenza en Galicia do seu director, Jorge Betolli.
Ao acto, ademais do alcalde Luciano Sobral e a concelleira Silvia Díaz, acudiu o presidente da Asociación da Carta de Juan de la Cosa, Juan Antonio Lago, ou o presidente da Asociación Galicia Histórica, Rodrigo Cota, e o vogal desta organización, Manuel Cabada.