Xornada de supervisións e felicitacións no porto de Sanxenxo logo do incendio con catro feridos
Por Redacción
O porto deportivo Juan Carlos I de Sanxenxo vive este xoves unha xornada de resaca de todo o que foi o incendio que se declarou a media tarde do mércores nunha embarcación que acababa de repostar combustible, no que resultaron feridos catro tripulantes. Mentres a Garda Civil segue a investigar as causas e circunstancias do acontecido, efectivos de Portos supervisaron ao longo da mañá a lámina de agua da zona portuaria próxima ao punto do suceso para retirar calquera resto.
O obxectivo destas tarefas é retirar dende polvillo ata cinza procedente dos extintores que pudiera aparecer a flote. Ao respecto, dende o Concello insistiron este xoves en que a eficiencia e rapidez na actuación dos distintos servizos municipais e de emerxencias evitaron que houbera un verquido nas instalacións portuarias.
Ata o porto achegáronse o vicepresidente de Nauta, Jesús Sueiro, e os concelleiros de Economía e Medio Ambiente, David Otero e Coral González-Haba. Ademais, o grupo de goberno felicitou o persoal de Nauta Sanxenxo e do Servizo de Emerxencias Municipal pola súa impecable aplicación do protocolo de seguridade no accidente.
Nestes sentido, recordan que o persoal de Nauta foi o primeiro en organizar os medios e efectivos desprazados a Sanxenxo para rescatar os feridos da auga e deixar que as urxencias médicas se puidesen centrar prioritariamente na atención ás vítimas, apoiados en todo momento polo Servizo Municipal de Emerxencias.
Unha vez que os feridos estaban xa en mans médicas, o operativo despregado con total coordinación e no que participaron efectivos de diferentes departamentos, encargouse de apagar as chamas e arrefriar a embarcación para evitar que as chamas se reavivaran, procedendo posteriormente a aspirar o carburante que quedaba na embarcación.
Unha vez realizada esta operación o barco foi retirado da auga e depositado na dársena portuaria, onde permanece precintado pola Garda Civil seguindo unha orde xudicial.
Relacionadas:
-
Catro mozos feridos con queimaduras no incendio dunha embarcación no porto de Sanxenxo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada