Sesenta nenos marinenses vanse de campamento a Pontemaril
Por Redacción
Este martes os participantes da XXVII edición do Campamento de Verán organizado pola Concellaría de Xuventude a través do programa da Xunta de Galicia, saíron rumbo ao campamento de Pontemaril.
Un total de 60 participantes despedíronse dos seus familiares diante da casa do Concello para empezar unha viaxe con destino a Forcarei, onde por segundo ano consecutivo vivirán unha morea de aventuras e sorpresas que ten preparadas o equipo de monitores, como último descanso antes do inicio dun novo curso escolar.
Tras a tradicional foto de grupo nas escaleiras da casa consistorial, os participantes organizaron as súas equipaxes e deron inicio ao campamento.
Está previsto que a volta a Marín sexa ás once da mañá do sábado 29.