Compran un pazo no centro histórico por "só" 405.000 euros
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/a4f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/53b14f603e-2013-01-09-11.21.11.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/820/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/53b14f803e-web-liquidacio-n-empresas.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
A moitos cidadáns seguro que lles chamou a atención o gran cartel que anunciaba a poxa do vello pazo da rúa Isabel II.
A páxina liquidacióndeempresas.com sacouno a poxa por un prezo de saída de 405.000 euros e xa foi adxudicado.
Tan só houbo unha oferta máxima polo que o ben se adquiriu polo prezo de saída.
Trátase dun terreo de 937 metros cadrados con vivenda unifamiliar illada, que co abandono e o paso do tempo atópase nun estado de ruína total.
Era propiedade da empresa inmobiliaria Pirsa O Grove, que tras entrar nun proceso concursal en xaneiro do ano 2011 viuse obrigada a liquidar o seu patrimonio para pagar aos acreedores.
O valor de tasación da vivenda é de 722.438,13 euros e o valor hipotecario, na hipótese do inmueble terminado, elévase ata os 1,3 millóns de euros, prezo correspondente ao valor de mercado segundo a tasación efectuada no ano 2009 polo arquitecto técnico, Benito Castro.
A edificación a rehabilitar constitúe unha boa mostra do palacio urbano da cidade de Pontevedra, de pequenas dimensións e coidada arquitectura.
No proxecto básico redactado polo arquitecto Enrique Barreiro no ano 2005, coa intención de servir como solicitude para a correspondente licenza municipal, detállase ademais que o Edificio é do século XVIII levantado sobre un xa existente do século XV.
A construción conta cunha serie de deficiencias, debido ao mal estado de conservación, tales como defectos nas vigas que soportan o forxado, que perderon parte do seu capaciad resistente, provocando que cedan as tabiquerías.