Pasan a noite na Praza de España para ver en primeira fila o concerto de Abraham Mateo
Por Redacción
Un grupo de 17 fans do cantante Abraham Mateo pasaron a noite á intemperie na praza de España para poder estar en primeira fila durante o concerto do seu ídolo.
A actuación do artista gaditano é de balde e comezará ás dez da noite, pero 24 horas antes, estas incondicionais de 'AM' xa o esperaban.
O goberno local deu orde de repartir botellas de auga entre as mozas para evitar golpes de calor despois de pasar todo o día ao sol.
Mentras tanto as fans aseguran que a de Pontevedra será unha cita moi especial porque con só 16 anos, este artista presenta o seu segundo álbum na cidade do Lérez, cuxo single 'Who I Am' xa é Disco de Platino en España.
A xira de 'AM' arrancou a finais de 2014 e ao longo deste ano percorreu as principais cidades España e de Latinoamérica, segundo recordou a empresa promotora do concerto Sweet Noctura.
As 'abrahamers' dano todo polo cantante, presumen da súa fidelidade ao cantante dende que deu o gran salto á fama co tema Señorita. Por iso non dubidaron en organizarse para pasar a noite ante o escenario onde o seu ídolo ofrecerá este concerto dentro das festas da Peregrina.
Á súa curta idade, o artista posúe o Premio Revelación Nacional no Festival Premios 'Veo Veo' no ano 2008, dous discos de ouro en España polos seus traballos 'AM' e 'Señorita' ou o Premio VEVO ao Mellor Videoclip Español do Ano por 'All The Girls (A La La)' sendo este o segundo máis votado a nivel mundial.