Buscan os autores dun acto vandálico nos chanzos da igrexa de Cuntis
Por Redacción
O concelleiro de Cultura e Patrimonio de Cuntis, Enrique Portela, denuncia un acto vandálico que se producía durante a madrugada deste sábado 8. Segundo afirma, destruíronse varios dos chanzos que levan ao adro da igrexa de Cuntis.
Ante esta situación, o goberno local deste Concello mostra a máis firme condena destes actos ao entender que se trata dun atentado contra o patrimonio municipal. E sinala que a preservación dos bens é un deber de todos os veciños de Cuntis.
Por este motivo, Enrique Portela apunta a que estes actos non poden quedar impunes e pulirán responsabilidades para localizar os autores do estrago. Ademais, anuncia a través dun comunicado que se levará a cabo unha campaña de concienciación sobre a importancia que o patrimonio do Concello ten para os veciños e solicita toda a colaboración á hora de coidar os bens da vila.