Os presupostos de Rajoy para Pontevedra apóstano todo para a A-57
Por Oskar Viéitez
A autovía A-57, a circunvalación de Pontevedra, acapara todo o investimento que o Goberno central destina para a cidade do Lérez nos Presupostos Xerais do Estado (PGE) para o 2016.
O documento difundido este martes polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas reserva 20,6 millóns de euros para a execución do primeiro tramo da autovía entre Vilaboa e A Ermida (Marcón). Así ata completar os 71 millóns nos dous próximos anos.
Os PGE tamén recollen unha partida para o segundo tramo da A-57, A Ermida-Pilarteiros (Xeve), de 5 quilómetros de lonxitude, cun investimento para este anos de 5,2 millóns de euros.
Ademais da circunvalación os Presupostos inclúen partidas simbólicas de cinco mil euros para a redacción dos estudos previos relacionados coa conexión de Pontevedra coa A-52 e a conexión da A-57 coa autoestrada AP-9.
A relación complétase cos 38.000 euros que se reservan nas contas do 2016 para os trámites previos do terceiro tramo da A-57, Pilarteiros-Barro (10 quilómetros), e a conexión coa AP-9 na parroquia de Curro.
Relacionadas:
-
O BNG presenta emendas aos orzamentos e insiste en que o goberno de Rajoy evite adoptar decisións sobre Ence
Por Redacción |
-
O PSOE presenta emendas de 140 millóns de euros aos Orzamentos e reclama a Rajoy que execute as partidas
Por Redacción |
-
O PSOE anima os deputados do PP a romper a disciplina do partido e votar a favor das emendas para Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
O PP destaca o investimento de Fomento en Pontevedra que para o concello resulta "cicatero"
Por Oskar Viéitez |