Cambados intentará arrebatar a Pontevedra a sede do Consello Regulador da DO Rías Baixas
Por Oskar Viéitez
Por unanimidade o Pleno do Concello de Cambados aprobou o pasado martes realizar os trámites necesarios para reclamar a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas para esta vila.
O concello cambadés tratará agora de solicitar os apoios da maioría dos 27 municipios que forman parte do pleno do Consello Regulador para que tome a decisión de romper o acordo co Concello de Pontevedra para abandonar a súa actual sede no Pazo de Mugartegui.
Polo momento xa contan co apoio do presidente do Consello, Juan Gil de Araújo quen declarou abertamente que "como cambadés de adopción que más quisiera", non obstante confesou que o ve "complicado".
O primeiro paso para os artífices desta proposta será lograr o acordo de no seo da Mancomunidade do Salnés.
CONVENIO POR 20 ANOS
O convenio que fixaba as condicións legais da transmisión por 20 anos asinouse en outubro do ano 2003 polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a presidenta do Consello Regulador, Marisol Bueno. O Concello comprara o Pazo á familia Pérez Villamil cando era alcalde Juan Luis Pedrosa por 432.728 euros e investiu na súa rehabilitación 913.538 euros.
No convenio eximíase á Denominación de Origen Rías Baixas do pagamento dun canon anual que sería o 6% do valor do edificio. O Concello deuse por satisfeito con que asumiran o seu mantemento e polos beneficios que reporta a actividade deste organismo, ademais de reservarse o uso do salón de actos.
Relacionadas:
-
RADIO.- Cara a cara coa primeira presidenta do Consello Regulador da D.O. Rías Baixas
Por Marisa Ciordia |
-
A sede de Rías Baixas a Cambados? Para Pontevedra, unha disputa localista "sen base ninguna"
Por Alejandro Espiño |
-
Despois das choivas retómase a vendima
Por Redacción |
-
Os xaponeses apuntan ao albariño como o "acompañamento perfecto" para a súa gastronomía
Por Redacción |
-
O cuatripartito reclamará a sede do Consello Regulador Rías Baixas para Cambados
Por Oskar Viéitez |