Carmela Silva convocará ao sector do viño a unha xuntanza para analizar conxuntamente o seu futuro
Por Redacción
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou este mércores na inauguración da Festa do Albariño de Cambados que convocará ao sector vinícola a unha xuntanza para analizar conxuntamente o seu futuro.
Silva reconoceu o "grande esforzo" do propio sector na internacionalización acometida o longo dos últimos anos e subliñou que "as administracións temos a obriga de comprometernos con el porque ademais forma parte do ADN da provincia de Pontevedra".
Neste senso, as conversas mantidas con colleiteiros e bodegueiros ao longo da inauguración e no percorrido polo paseo da Calzada, serviron para que Carmela Silva se marque como obxectivo "que a Deputación poña os instrumentos necesarios para garantir que o sector do viño siga crecendo".
A Presidenta recordou que o sector do viño é moi importante en Pontevedra "non so pola súa importante produción senón tamén polo seu atractivo turístico ligado aos paisaxes de toda a provincia".
Por último, Silva felicitou á alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, pola excelente organización da festa e, animou a todos os pontevedreses a achegarse á vila durante estas xornadas.