Critican ao Concello de Marín por chorrear as rúas con auga potable mentras os veciños sofren restriccións
Por Redacción
O BNG chama á responsabilidade ao goberno local do PP no uso da auga despois de que este mesmo mércores se observase como operarios municipais desperdiciaban a auga potable procedente da traída para chorrear as rúas do centro urbano.
Os concelleiros nacionalistas lembran que o pasado 24 de xullo o Concello recibía unha comunicación de Augas de Galicia na que se instaba á Marín e ao resto dos concellos da Costa-Sur, á adopción de medidas que fomenten un uso reponsable da auga, en base a que os indicadores meteorolóxicos marcan que o verán será máis seco do habitual e que se ten detectado que os caudais están por debaixo do normal para esta época do ano.
Nun comunicado de prensa, o grupo municipal do BNG, sinala que "pese a elo, e a que unha parte da poboación de Marín na parroquia de Seixo, incluída a fábrica que dá máis emprego directo na vila, están a sufrir pola falta de auga, os responsables municipais do noso Concello permítense baldear as rúas con auga extraída directamente da rede municipal".
"As consecuencias directas deste uso irresponsable son dúas: o nivel dos depósitos diminúe e a presión necesaria para que a auga suba ás vivendas tamén", afirma o Bloque antes de rematar lembrando que o Concello ten a disposición un camión de baldeo que pode facer uso de auga non potable para lavar as rúas, sen necesidade de tirar coa auga potable imprescindible para o uso da poboación.
Por el contrario os nacionalistas critican que en vez de levar a cabo "un labor de concienciación cidadá e un control axeitado dos usos da auga", faga este "uso irresponsable", que ao seu xuízo "supón ademais un desprezo ás persoas que non poden facer uso dun ben tan básico como a auga potable. Estamos ante un goberno insensible aos problemas da poboación", conclúen.
Relacionadas:
-
O BNG de Marín insta ao goberno local a cumprir coa obriga de dar auga a todos os veciños
Por Redacción |
-
O goberno local de Marín non ten solucións inmediatas para resolver o problema da falta de auga en Seixo
Por Redacción |
-
Medio Ambiente inicia as obras de mellora do abastecemento a Marín
Por Redacción |
-
Veciños de Seixo acumulan semanas de restricións de auga
Por Redacción |