Un grupo de cans ataca cabras e ovellas e ten en xaque os veciños de Bora
Por Redacción
Un veciño de Bora denuncia que un grupo de cans asilvestrados atacou nos últimos días ás súas cabras e ovellas e que nun dos asaltos dos animais chegou a temer pola súa vida.
O relato do protagonista aparece recollido nos xornais Faro de Vigo e Diario de Pontevedra, onde conta en primeira persoa: "temín pola miña vida cando me vin acurralado por cinco cans rabiosos" ao tratar de evitar un ataque armado cun pau.
Segundo relata, no primeiro ataque desta manda de cans aos seus animais matárono unha cabra e catro ovellas e no segundo matáronlle outra ovella e déronlle dentadas de consideración a unha cabra da que tamén fan temer pola súa supervivencia.
Os cans, segundo relatan, actuan sempre en fin de semana e durante as datas do Nadal mataron dúas ovellas a outro veciño. Son cans moi agresivos, segundo sosteñen.
Ao parecer, os feitos xa foron denunciados ás policías Local e Autonómica e os cans poderían estar a actuar nas parroquias de Bora e Mourente.