Carmela Silva pide "lealdade institucional" a Feijóo e a Rueda ante as súas críticas ao novo goberno da Deputación
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, dixo estar "muy sorprendida y no gratamente" pola actitude do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo e o vicepresidente, Alfonso Rueda aos que pediu "lealtad institucional" e 40 días de "margen".
Carmela Silva reacciona así ante as declaracións realizadas este luns por Núñez Feijóo nas que puxo en dúbida o "discurso" da nova presidenta da deputación pontevedresa en canto ao seu compromiso de "adelgazar las competencias" da Administración provincial.
"Yo esperaba que no sucediera pero era previsible", comentou Carmela Silva respecto ás palabras do presidente galego "cuestionando decisiones que aún no se han tomado y de las que no tiene ningún conocimiento", apostilou.
Para Carmela Silva "lo más sorprendente" é que o titular do executivo autonómico "va en contra de lo que plantea como obligatorio poner en marcha la Ley de Racionalización y Sostenibilidad de la Administración Local", e recordou que esta lei foi aprobada polo presidente do Goberno, Mariano Rajoy "que es del Partido Popular, al igual que el presidente de la Xunta".
A presidenta da Deputación de Pontevedra recordou que esta norma di que cada administración ha de ter claramente definidas as súas competencias e hai que transfererir aquelas que estean a xestionar e non lles corresponde, polo que o acordo entre o PSOE e o BNG para constituír o goberno da Deputación "lo que hace es cumplir con la ley".
Carmela Silva quixo dar un "consejo" a Núñez Feijóo e Alfonso Rueda e sinalou que "si están en contra de la aplicación de la Ley que lo digan publicamente", e asegurou que ela está "radicalmente en contra de esta ley", porque é "irracional", vai en contra dun principio básico como é o da autonomía financeira e "delimita mal las competencias", citou entre outros argumentos, "si ellos también están en contra que lo digan públicamente", retou a presidenta.
E engadiu "que se dirijan al presidente del gobierno y que tome la decisión de derogarla para que no tengamos que esperar a enero y que sea otro presidente del gobierno el que la derogue".
PIDE LEALDADE INSTITUCIONAL
A presidenta da Deputación de Pontevedra pediu o presidente e vicepresidente da Xunta de Galicia, "lealtad institucional".
Tras recordar que o novo goberno provincial tomou posesión "hace tres días", Carmela Silva afirmou que "si tienen alguna duda" respecto á Deputación de Pontevedra, estarei encantada de responderlles.
"Dentro del respeto institucional ni siquiera les pido cien días de margen, necesito 40 días", engadiu.
Finalmente, a presidenta da Deputación anunciou que pedirá "de forma inmediata una reunión", co presidente da Xunta, aclarando que "yo no quiero una foto como la que se quitó la presidenta de la diputación de Lugo", dixo.
Primeiramente terá que "analizar" como está a Deputación, e concretar cuales son os proxectos e as transferencias que lles vai formular, "es decir, una reunión de trabajo", puntualizou Carmela Silva "será una reunión para trabajar desde la cordialidad, consenso y lealtad institucional", concluíu.
Relacionadas:
-
A transferencia de Príncipe Felipe e o emprego, na axenda da entrevista solicitada por Carmela Silva ao presidente da Xunta
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
O novo organigrama da Deputación supón un aforro dun 45% sobre o antigo do PP
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
O novo goberno da Deputación dotará á oposición de "recursos suficientes" para facer o seu traballo de control
Por Oskar Viéitez |
-
Rueda advirte ao novo goberno da Deputación: "Se empezamos unha guerra competencial os que saen perdendo son os cidadáns"
Por Oskar Viéitez |