O buque escola Saltillo arriba o venres ao porto de Sanxenxo
Por Redacción
O buque escola Saltillo, procedente de Euskadi, chegará este venres, sobre as 22 horas, ao porto de Sanxenxo donde permanecerá ata o domingo facilitando unhas xornadas de portas abertas totalmente gratuitas para todos os que queiran descubrir os encantos, e anacos de historia, que conserva este veleiro.
De xeito totalmente gratuito o buque poderá visitarse tanto o sábado como o domingo nun horario que irá de 10 a 13 horas e de 15.30 a 19. As xornadas de portas abertas serán inauguradas cunha recepción oficial a bordo do buque á que asistirá o alcalde acompañado de varios membros do Goberno local.
O buque escola Saltillo é un velero que data de 1932, cedido por Pedro Galindez á Escuela Náutica para a súa conservación e uso como buque escola.
Esta embarcación foi prestada polo industrial vasco, no seu día, á Familia Real Española no exilio e foi testemuña de acontecementos tan importantes como a entrevista que tiveron a bordo do Azor Don Juan Carlos de Borbón e Francisco Franco para falar do retorno a España de Don Juan Carlos e a súa posterior educación. Foi tamén o barco escollido por Don Juan para facer a travesía que o levaría a visitar ao seu fillo, embarcado no Juan Sebastián Elcano, en Nova York ao comezo da Segunda Guerra Mundial e foi o velero que acompañou á Familia Real ata Grecia para os esponsais de Don Juan Carlos e Dona Sofía.
Trátase por tanto dunha embarcación que forma parte do patrimonio marítimo e histórico vivo e que ten as súas costas o mellor dos usos posibles: a educación e formación dos futuros capitáns civís.