Limpeza de camiños na parroquia de Loureiro en Cotobade
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/6a6/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/55a620a6e4-la-foto-4.jpg)
© Concello de Cotobade
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/c9c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/55a620e906-la-foto-5.jpg)
© Concello de Cotobade
A parroquia de Loureiro está a ser limpada durante estes días a petición dos veciños desta zona de Cotobade. Dous tractores municipais de brazo están a realizar tarefas de roza dos noiros e das contas de todos os camiños da parroquia de Loureiro.
Os sitios, onde o tractor non entra ou lle resulta imposible levar a cabo o traballo, unha brigada formada por cinco operarios acometen a tarefa de xeito manual. Destaca a Capela das Naves como unha das zonas que se están a limpar. Ao longo desta semana iniciaranse os traballos de roza da pista que vai cara a Batán.
Segundo o alcalde Jorge Cubela, tamén sinala que se ten mellorado a sinalización da pista que une Loureiro coa Igrexa da parroquia, na que se procedeu a mellorar a capa de rodadura, ademais do pintado dos laterais desta pista para mellorar a calzada nesa suba, despois da cesión desa vía ao Concello por parte da Deputación.
Dentro destas obras procedeuse a dar acceso a tres vivendas do Lugar de Insuela, cunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente.