A Cruz Vermella distribúe este mes de xullo más de 314.800 quilos de alimentos na provincia
Por Redacción
Alimentos de carácter básico, pouco perecedoiros, de doado transporte e almacenamento como arroz, tarriños infantís, cereais para nenos, leite de continuación en po, garavanzos, fabas, aceite de oliva, pasta, tomate frito, galegas ou cremas de verduras serán repartidos por Cruz Vermella ao longo deste mes na provincia dentro da primeira fase do Programa 2015 de Axuda Alimentaria.
A cifra prevista de repartición supera os 314.848 quilos de alimentos que se trasladarán a 71 asociacións de Pontevedra para a súa repartición. A Asemblea de Cruz Vermella en Pontevedra repartirá 3.143 kg. entre persoas en situación de vulnerabilidade, segundo informa a organización.
Este programa está cofinanciado nun 85% polo Fondo de Axuda Europea para as persoas máis desfavorecidas (FEAD) e nun 15% polo presuposto nacional.
Os alimentos que se reparten son especialmente nutritivos, coa intención de satisfacer as necesidades de persoas adultas e, de xeito especial, dos menores. Esta cesta de comida básica foi elaborada coa colaboración da Federación de Bancos de Alimentos, Cruz Vermella e de expertos en nutrición dos ministerios.
Relacionadas:
-
Unha "banderita" para loitar contra a pobreza infantil
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Cruz Vermella atendeu este ano a 2.388 persoas da comarca afectadas pola pobreza
Por Oskar Viéitez |
-
590 persoas participan como voluntarias en Cruz Vermella en Pontevedra
Por Redacción |
-
O programa contra a pobreza de Cruz Vermella beneficia a 10.958 pontevedreses
Por Redacción |